Peixe da familia dos anguílidos, de corpo longo e cilíndrico, cuberto por escamas moi pequenas e unha substancia viscosa, co lombo negro e o ventre prateado na fase adulta, que vive nos ríos e se vai reproducir ao mar
Etimoloxía
Denominación procedente do latín vulgar *arenola de significado semellante.
Exemplos *
“Por mor de todas as probas que fixo, Beda soubo que o vento era máis escorregadizo ca unha eiroa, ca unha ra e ca un escáncer, animais estes moi abondosos, daquela, nas húmidas terras de Miraflores de Vasconcelos.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)
“O que ocorre é que as crías da eiroa, a anguía nai que segundo Aristóteles nace da terra, son ecoloxistas e xa que logo, rexeitan as nosas augas, hoxe tan contaminadas.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.