Acción e efecto de escoller unha ou máis persoas para un cargo, particularmente político, por medio de votos
Etimoloxía
Palabra que procede do equivalente latino electio, -onis ‘escolla, permitir a escolla’.
Exemplos *
“Hai políticos próximos cando están cerca as eleccións, despois non te coñecen.” (Plácido Lizancos Santos: Galicia Hoxe,03-02-2005)
“O mapa político galego parece tan estable coma nas últimas eleccións xerais.” (Justo Baramendi: Tempos Novos, 10-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.