elector, -a

Persoa que ten dereito a participar nunha elección

Etimoloxía

Palabra que chega directamente da latina elector ‘o que escolle’.

Exemplos *

“Débese recoñecer que a vida e o compromiso político dun cidadán non pode nacer e morrer no acto de depositar un voto nunha urna. Ser elector é un dos dereitos políticos que se ten nos sistemas democráticos, pero non é o único.” (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, 1990)

“Pero tódolos aspirantes a altruístas representantes dos electores viron o necesarios que eran eses quilómetros cando tiveron que percorre-las ruíns estradas de Rosmonia ó longo dos vinteún días que durou a Campaña Electoral previa ás Eleccións.” (Emilio Valadé del Río: Pleno ordinario (Súas señorías e a leria das autovías), 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.