Conxunto de actores que integran unha compañía ou que participan nun espectáculo teatral, cinematográfico etc.
Etimoloxía
Este termo procede do latín elenchus ‘táboa’, que, á súa vez, remite ao grego élenchos.
Exemplos *
“O elenco coñeceu o estrellato na que foi a primeira serie (con permiso de Composteláns, TVE-Galicia, 1988) cun elenco de actores integramente galego, estreada en 1995. O primeiro capítulo tiña guión de Miguel Anxo Murado.” (Monste Montaos: Luzes, nº 9, 11-2018)
“O Centro Dramático Galego, que estaba nunha fase plena de regularización, produciu neses dous anos seis espectáculos propios, a maioría con elencos de polo menos 20 actores. Eran outros tempos, elencos amplos e ausencia de dirección feminina.” (Eva Alonso: Tempos Novos, nº 27, 3-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.