Xenio que, segundo a mitoloxía nórdica, habita no aire e simboliza os fenómenos atmosféricos.
Etimoloxía
Chegounos no inglés elf, pero remóntase a unha forma nórdica antiga, alfr, que tería a mesma orixe ca o latín albus ‘branco’.
Exemplos *
“Os Elfos, transmutados pola maxia literaria de Tolkien en heroes de beleza perfecta, son os ananos propios de toda a Europa nórdica e central …” (Luís Giadás: O Correo Galego 10-12-2000)
“O esposo de Ariadna convocou aos elfos máis benévolos para que fosen eles en axuda. E chegaron así cabo dos socalcos e das veigas farturentas.” (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.