Curva cerrada, con dous focos, que resulta de cortar un cono por un plano non perpendicular ao seu eixe.
Etimoloxía
Chegounos a través do latín, que a tomou do grego elleipsis 'supresión' ou 'falta'.
Exemplos *
"Os planetas xiran arredor do Sol en órbitas elípticas, ocupando a nosa estrela un dos focos da elipse." (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas)
"… tiña esa curvatura renacentista da lucidez e da tenrura, acompañada polo ángulo das cellas, a elipse dos ollos e a curva pronunciada dos labios." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.