Liberar un escravo da escravitude.
Etimoloxía
Verbo que procede do termo latino emancipare que indicaba 'emancipar, allear, poñer fóra da tutela'.
Exemplos *
"O home moderno, unha vez liberado de Deus, quixo liberarse tamén da Natureza, emanciparse das limitacións que esta opoñía á vontade e ó obrar humano." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)
"Unhas veces dise que Galicia ten que emanciparse, outras pretenden tan só crear unha conciencia de galeguidade como primeiro paso para a consecución desta unidade política." (Argimiro Rojo Salgado: O galeguismo a través dos seus Textos e Documentos Políticos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


