embaixada

Conxunto de persoas que representa de maneira permanente a un estado noutro estranxeiro, e o lugar onde reside esta representación.

Etimoloxía

Para atopar a orixe desta palabra podémonos remontar ata o antigo occitano ambaissada e, máis atrás, ao latín tardío ambascia 'servizo prestado'.

Exemplos *

"Tiñan cita aquela noite e el sentiu agora o peso da nostalxia e o baleiro da ausencia, mentres collía o sobre coas instruccións que lle daba o funcionario da embaixada." (Francisco X. Fernández Narval: Sombras no labirinto)

"Por se estas fosen poucas dificultades, un cardeal recoñece que en certos procesos de beatificación reciben presións de gobernos e embaixadas para levar pola vía máis rápida certos casos." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.