Acción de embarcar nun barco ou noutra nave.
Etimoloxía
É derivado regresivo do verbo embarcar formado sobre o substantivo barco, voz que procede da latina barca, –ae 'embarcación'.
Exemplos *
"Unha sensación que me empezou a invadir onte cando no aeroporto agardaba a chamada para o embarque." (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño)
"Onte pola mañá había no aeroporto máis persoal de vixilancia que pasaxeiros, e impediuse o paso de acompañantes dos viaxeiros ás áreas de embarque" (J. A. B.: O Correo Galego 05-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


