Acometida ou choque violento do mar
Etimoloxía
Voz que se relaciona co verbo “bater” que bebe no equivalente latino battuere.
Exemplos *
“Eu cando cantaba, gustábame facelo nas noites sen lúa, nas de inverno, co cabelo encerellado no ar e a cola ben amarrada contra as rochas para gozar do embate do mar. Moito estraño a maneira en que a miña voz ía da par do zoar dos ventos e do estrondo das ondas.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)
“No Orzán , o mar redobrou o embate ao notar a súa presenza. Lanzaba espumallos, esganaba de furia ao bruar. Con iso xa contaban. En datas sinaladas, o mar ten esa tendencia a vangloriarse. Se hai testemuñas, fanse máis poderosas as ondadas.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


