emenda

Proposta de cambio total ou parcial no texto dunha lei.

Etimoloxía

Deriva do verbo emendar, que procede á súa vez do latín emendare 'corrixir'.

Exemplos *

"Cando unha proposición de lei ou unha emenda sexa contraria a unha delegación lexislativa en vigor, o Goberno está facultado para se opor á súa tramitación." (Argimiro Rojo Santiago: O Galeguismo a través dos seus Textos e Documentos Políticos)

"O Goberno británico comprometeuse a unha emenda constitucional dunha lei de 1920, ano da partición de Irlanda, onde recoñece que aceptará o desexo da maioría dos habitantes do Ulster, no senso de se queren seguir formando parte do Reino Unido ou ben de Irlanda." (Alberto García: O Correo Galego 1995-02-23)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.