emisión

Aquilo que se emite

Etimoloxía

Cultismo procedente do latín emissio ‘acción de lanzar’.

Exemplos *

“(...) entidade creada en 1945 por un grupo de galegos emigrados e exiliados, que foi evolucionando cara posturas nacionalistas radicais, e sostivo, ademais desta revista, unha emisión de radio en galego que durou máis de dez anos. ” (Marcos Valcárcel: Entregas de Comunicación Cultural, 1985)

“"Sempre en Galiza ", que cos seus 30 minutos de duración chega ós oídos dos galegos de ámbalas marxes do Prata dende 1950, a través de Radio Carve de Montevideo. Feito integramente en galego, é a máis antiga emisión radiofónica na nosa lingua das que se fan no mundo.” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.