empanada

Comida cun recheo de diferentes ingredientes previamente cociñados, que se meten entre dúas capas de masa, e codida no forno.

Etimoloxía

O termo deriva do verbo empanar formado sobre pan do latín panis, –is que tiña o mesmo significado.

Exemplos *

"Empanada e embutidos, queixo e algúns doces en mesas con bancos de corrido onde todos celebramos amenizados polos gaiteiros." (Yolada Castaño: Galicia Hoxe 18-3-2007)

"Durante a travesía, que será amenizada por un artístico grupo de gaiteiros do país, os participantes poderán degustar empanada de xoubas, chourizo crioulo e viño branco e tinto." (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.