empanadilla

Empanada pequena de forma semicircular e xeralmente frita

Etimoloxía

Palabra que deriva do verbo “empanar” que se forma sobre “pan” que procede do latín pane, de igual significado.

Exemplos *

“Agora non pensaba en nada, (...), tiña a cabeza en branco e non pensaba en nada ollando para as tapas de bocartes, de callos, de pementos asados, de caracois, empanadillas, as manchas da graxa das hamburguesas na prancha, as pingas de graxa a colgar da cambota enriba da frixidora.” (Suso de Toro: Calzados Lola (O dano e a absolución), 1998)

“Río abaixo (...) achará o viaxeiro comedores surtidos coas delicadezas da cociña auriense: empanadas co recheo enfornado en cru _sen a sustancia de empanadilla que degustamos noutras partes_, pementos tipo Seixalbo ou Arnoia e anguías de piscifactoría, toda vez que os diques dos saltos impiden o tránsito do anguión.” (Bieito Iglesias: Galicia Internacional, 7-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.