Identificación afectiva cos sentimentos ou estado de ánimo doutra persoa
Etimoloxía
Termo neolóxico da psicoloxía creado no século XX que se toma do concepto grego empátheia ‘paixón’.
Exemplos *
“Con todo, é un filme que engancha e establece unha empatía importante cos protagonistas, que fan un sólido traballo.” (María Valcárcel: De Luns a Venres, 18-1-2013)
“Ese home convive coa súa muller, pero é incapaz de poñerse na súa pel, de facer ese exercicio de empatía que nos permite acceder aos problemas e á visión doutros seres humanos.” (Antón Baamonde: A piragua / prólogo, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.