empirismo

Doutrina que fundamenta na experiencia o coñecemento da realidade.

Etimoloxía

Remite ao grego empeirikos ‘que se guía pola experiencia’, derivado de empeiria ‘experiencia’.

Exemplos *

“Polo tanto, sitúa na experiencia sensible, especialmente a de percepción externa, (visual e táctil), o alicerce de todo coñecemento e exercicio racional. Congruente con este empirismo, e por veces positivista, rexeita todo coñecemento innato.” (X.M. Domínguez Prieto: O Correo Galego 19-05-2002)

“A postura da Medicina Popular Galega ante os problemas do home enfermo é unha resultante da experiencia, do empirismo e á vez de supersticións e de maxia …” (Manuel Cabaleiro Goás: A psiquiatría na medicina popular galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.