empregado, -a

Persoa que traballa para unha entidade ou para outra persoa a cambio dun salario

Etimoloxía

Procede do participio do verbo “empregar”, e este do latín implicare ‘enredar’, ‘envolver’.

Exemplos *

“O roubo perpetrouse sobre as oito da mañá, cando se dispuñan a iniciar a súa xornada laboral o director e os outros dous empregados da sucursal.” (Pablo Rodríguez: De Luns a Venres, 29-10-2010)

“O empregado, que en principio a atendeu con toda a amabilidade con que se trata a un futuro cliente, fartouse das acusacións e mandouna sementar fabas.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.