empregar

Dar traballo a alguén a cambio dun salario

Etimoloxía

Verbo que procede do equivalente latino implicare, 'enlazar’, ‘impedir’, ‘xuntar’ ou ‘unir’.

Exemplos *

“Polo tanto, nunha planta máis grande e para barcos de maior calado, non sería aventurado dicir que poderiamos empregar a 3.500 persoas.” (Rubén Valverde: A Nosa Terra, 08-02-2007)

“A Consellería de Traballo deseña unha liña de axudas que pretende empregar os egresados de titulacións de "difícil empregabilidade".” (Xosé Vázquez et al.: Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II / Política industrial e dinamismo empresarial, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.