emprendedor, -a

Persoa que ten iniciativa para empezar a facer algo con decisión

Etimoloxía

Substantivo derivado de “emprender” que chega desde o termo latino creado con in- e prendere ‘coller’.

Exemplos *

“O perfil do emprendedor é o dun home maior de 40 anos, con estudos e que vive en zonas urbanas, pero, non obstante, as empresas constituídas por mulleres son máis sólidas e superan a media nacional en creación de negocios.” (Marta Rodríguez: Galicia Hoxe, 22-03-2007)

“Esta emprendedora arousá dirixe unha innovadora empresa de servizos que se dedica ao estudo, posta en valor e interpretación do patrimonio, con especial interese na divulgación do mesmo.” (A. Conde: De Luns a Venres, 29-10-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.