Cantidade de diñeiro, ou cousa que se presta
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde a expresión latina in praestitu, participio pasado de praestare ‘prestar’.
Exemplos *
“Eu, por lealdade á casa, estaba obrigado a llo dicir, tiña que comprendelo. Mais era certo que había outras posibilidades. Por exemplo, e iso dicíallo extraoficialmente, tratando directamente de negocios co destinatario finalista dos empréstitos que normalmente se xestionan cun banco.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“Coidábase moito e sempre andaba composta e moi elegante. Íalle ben e xa devolvera o empréstito que a axudara a instalarse.” (Joaquim Fariña: Blues para un asasino. First we take Manhattan, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.