Fórmula, expresión, conxunto de palabras etc., que se poñen no comezo dun escrito ou dun libro
Etimoloxía
Voz que se forma sobre o verbo “encabezar” e que, á súa vez, remite ao vocábulo “cabeza” que procede do latín vulgar capitia, e este do latín caput, -ĭtis ‘cabeza’.
Exemplos *
“Antes de morrer, como se indicaba no encabezamento deste capítulo, Bóveda escribía unhas verbas das que queriamos resaltar dúas cuestións esenciais.” (Iria Morgade Valcárcel: Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, 2018)
“No encabezamento levaba unha dedicatoria, escrita nunha caligrafía tortuosa e pouco intelixible, que Andy tan ben coñecía e que o emocionou case tanto como o texto mecanografado.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.