Pór á cabeza, no comezo ou principio de algo.
Etimoloxía
Palabra que toma como base cabeza que chega desde o latín vulgar hispánico capitia que substituíu ao clásico caput, –itis 'cabeza'.
Exemplos *
"A produtora, que pasou a encabezar os seus filmes cunha vista de Vigo, fíxose un lugar na sombra do cinema da ditadura nos seus anos máis grises e obsesivos." (X. Enrique Acuña: A Nosa Terra 07-11-2002)
"Acostuma encabezar as frases, porque ó ser saúdo, é o primeiro que che sae." (José de Cora: Galicia Hoxe 24-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


