O que cobre un libro para resgardar as súas follas.
Etimoloxía
Substantivo formado sobre o verbo encadernar e este, á súa vez, sobre caderno que procede de quaternus, -i, 'de catro en catro', xeito no que se dobraba un folio.
Exemplos *
"Sen lembrarse do lugar exacto onde deixara a súa lectura, comezou a ler máis ou menos pola páxina en que o libro se abría por si mesmo, sinal de que a encadernación cedera nese punto." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
"-…Quero facerche un regalo_sacou do peto un volume cunha encadernación de pastas de cartón vermello." (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.