encaldada

Comida para os animais que se elabora principalmente con verzas, patacas e farelo, cocidos en auga

Etimoloxía

Voz que procede do verbo “encaldar” que é unha palabra derivada sobre “caldo” que vén do latín calidum ‘quente’.

Exemplos *

“Nos fogares campesiños non se podía prescindir da lareira ó ter que elaborar a encaldada para os porcos e as vacas.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)

“En xeral, os porcos mantéñense con lavaduras ou encaldada, que se fai botando nun caldeiro (...) os sobrantes do xantar, cascas das patacas, verzas, etc.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.