Aquilo que encanta, cativa ou fascina
Etimoloxía
Palabra derivada destoutra “encantar” que bebe no latín incantare ‘consagrar con feitizos’, ‘dicir de máis’ ou ‘cantar’.
Exemplos *
“Ninguén pode subtraerse ao seu irresistible encanto; incluso as persoas amuadas polas súas miserias insinúan un fráxil sorriso.” (Pere Tobaruela: A teoría do contrarios, 2016)
“E é que esta nena ten un encanto que brilla por si só, cunha dozura abrumadora e unha afinación, aínda que non perfecta, sorprendente para a súa curta idade.” (Olga Brañas: Sermos Galiza, 28-8-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.