Meter o balón pola canastra, no xogo do baloncesto
Etimoloxía
Termo formado polo prefixo en- aplicado sobre o substantivo "cesta", que procede do latín cistam, e o sufixo de verbalización -ar.
Exemplos *
“No equipo santiagués xogaba un peruano alto e magro, enxoito, aquilino, amigo de facerlles cabronadiñas ós contrarios; (...) e que, por evitalas, arredaban del ós contrincantes de xeito que o moi taimado podía encestar canto lle petase.” (Alfredo Conde: O Correo Galego, 10-2-1996)
“Eu vía a Petrovic, que se puña as botas a encestar triplas cos Nets” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Madonna frivolidade, 2011).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.