Disputa improvisada en verso, na que os mozos e mozas retrucan con coplas para demostrar o seu enxeño
Etimoloxía
Palabra que ten unha orixe descoñecida
Exemplos *
“A regueifa, nome que vén dun bolo que xa se nomea no XIV, é a retesía en forma de conversa versificada entre mozos e mozas; e a enchoiada ten, así mesmo, o carácter de contenda oral de sexos.” (Xesús Taboada Chivite: Etnografía galega, cultura espritual, 1972)
“Cando os nosos escritores do rexurdimento falaron dos «despiques», das «regueifas», das «enchoiadas»... recollían as cantigas tópicas e non as que xurdían, de improviso, nas «tensóns» cantadas.” (Xosé Filgueira Valverde: Adral, 1979)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.