encoro

Depósito que se forma nun curso de auga e que pode ser natural ou artificial

Etimoloxía

Substantivo que procede do verbo “encorar” que remite, por cambio de prefixo, a “acorar” que vén do latín vulgar *accorare.

Exemplos *

“Aquí atópanse as ruínas dun muíño que funcionaba a base de auga retida nun pequeno encoro que se abastecía do único regato que na illa existe .” (Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, 1991)

“O único adorno da parede: un cadro en tons acastañados que reproducía o encoro dun muíño de auga, onde se duplicaban troncos de bidos e amieiros.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.