Ocultar mediante unha clave o contido dun texto
Etimoloxía
Formación da linguaxe científica sobre “cripta”, que procede do latín crypta ‘galería subterránea’ que, á súa vez, bebe do grego krupto ‘agochar’.
Exemplos *
“Ambas partes deben garantir que a información circule sempre encriptada e que se cumpra de xeito estrito a normativa de protección de datos.” (M.C.: O Xornal de Galicia, 09-10-2010)
“...supostamente mantivo contactos directos a través de mensaxes encriptadas cos seus dous compatriotas detidos en Arteixo e Vimianzo.” (J.M. Pan e E. Mouzo: La Voz de Galicia, 29-11-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.