enerxía renovable

Enerxía que presenta a natureza de modo continuo e practicamente inesgotable

Etimoloxía

Unidade formada polo termo grego enérgeia, ‘forza en acción’ e o adxectivo procedente do verbo latino renovare, ‘reparar’ ou ‘anovar’.

Exemplos *

“O senador demócrata deseñou un plan de 10 anos que suporía investir (...) en tecnoloxías de carbón non contaminantes, impulsar os automóbiles híbridos e distintas formas de enerxía renovable como a solar e a eólica.” (T.B.: Galicia Hoxe, 05-08-2008)

“Non obstante, lembrou que cooperará con plan industrial da Xunta en Ferrol, pero non en materia de barcos, senón en proxectos vinculados coas enerxías renovables.” (E.P: Galicia Hoxe, 17-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.