Todo aquilo que serve de ornamento dunha persoa ou cousa.
Etimoloxía
Termo que provén do verbo enfeitar e este do latín affactare 'pór en condición de' que é unha variante de facere 'facer'.
Exemplos *
"…sorrira agradecida, pois sen aqueles enfeites a casa parecíalle allea ás xornadas festeiras e frías que intentaban celebrar." (Lois Diéguez: A canción do vagamundo)
"As portas non perderan os seus enfeites de acivro." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.