Persoa que ten como profesión coidar enfermos baixo a dirección do médico
Etimoloxía
Derivado a partir de enfermo, que procede do latín infirmu “débil” e o sufixo -eiro/a.
Exemplos *
“Foi o doutor Clará quen avisou a policía logo de facer o propio cos enfermeiros, por se fose necesaria para algunha cousa...” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“Logo apareceu novamente o dentista, dándolle ordes ó enfermeiro e bromeando sobre a tranquilidade con que se traballaba polas noites.” (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes / 02.00 AM, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.