enfocar

Centrar e facer que apareza con precisión no visor dunha cámara o obxecto que se quere fotografar ou filmar

Etimoloxía

Voz que se forma partindo de “foco” que nos leva ao latín focus ‘fogueira’.

Exemplos *

“Ao encadrar e enfocar, o fotógrafo leva a cabo a mesma operación que o copista ao proceder a separar as palabras.” (Manuel Forcadela: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

“Tomás depositou as maletas no chan e, tras abrir unha delas e sacar coidadosamente unha máquina moi antiga, dispoñíase xa a enfocar ás aves cando un mariñeiro novo se dirixiu a el con moita animosidade. -Ei!, Deixe iso!” (Xavier Manteiga: Morrer na herba, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.