enfornar

Meter no forno algunha cousa para cocela.

Etimoloxía

Deriva de forno, que nos chegou do latín furnus -i.

Exemplos *

“Diante deles desfilaran xa os que atendían aos soldados, é dicir, os labradores que lles vendían os produtos [...]; o gran que moerían os muiñeiros e enfornarían os panadeiros ...” (Alfredo Conde: María das batallas)

"-Da primeira -explicouse o Rosendo- faleilles que tiña o forno quente, que estaba a piques de enfornar o pan.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.