Comida que se emprega para atraer os peixes e animais na pesca e na caza
Etimoloxía
Vocábulo que se relaciona co céltico *anga ‘gancho’.
Exemplos *
“O gueldo é unha clase de engado composto de camarón diminuto, de peixiños que case non se ven cando van nadando sobre a auga e de certas larvas que, cando se mesturan con estes seres vivos, parecen lixos miudiños que van a unha cuarta por debaixo da toneira do mar.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)
“O luns falaría co rapaz. Aquel domingo, coa práctica de anos, foi botando engados río arriba, na procura das troitas, máis sabidas aínda ca el. O mediodía pillou a Ribeiro coa cesta baldeira, os pés fríos e malhumor.” (Bernardo Maiz Vázquez: A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


