engroba

Camiño fondo e estreito entre montañas

Etimoloxía

Termo creado por prefixación sobre a voz “groba” que vén do latín vulgar *grovala, 'exploración mineira'.

Exemplos *

“Pero María e Salomé, escoltadas por Xosé e o mozo escriba, tiveron que partir noutra dirección, meténdose entre terras anfractuosas, por vieiros fraguíos, revirados e costentos, por engrobas, por escairos.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

“Manuel fixo co fusil varios disparos ó aire para chama-la atención ou dar aviso a Gregorio, agachado por aqueles curros montesíos. O eco, con gran fidelidade, reproduciu os tiros numerosas veces, aquí e acolá, por engrobas e cumes, por agras e outeiros, para sorpresa dos propios homes por aquel curioso fenómeno que nunca observaran de tal maneira .” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.