Obra literaria en prosa na que un autor expón as súas reflexións sobre un tema determinado
Etimoloxía
Voz que procede do latín tardío exagium ‘acción de pesar’.
Exemplos *
“Harvey está considerado como un dos cartógrafos do capitalismo (...). É certo, que para moitos lectores de ensaio pode pasar por economista ou sociólogo, pero a súa intención foi sempre introducir a variábel espacial na argumentación da Teoría Social Crítica.” (Xosé Constenla Vega: O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, 2018)
“Para conseguir cumprir co reto de lectura hai que ler só 5 libros, claro que non vale con ler 5 libros calquera. Terán que ser novelas (nas próximas edicións xa nos centraremos en poesía, banda deseñada, ensaio ou teatro, promesa!) e terán que ser novelas en galego.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 01, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.