ensaísta

Persoa que escribe ensaios

Etimoloxía

Termo que se forma sobre “ensaio” que vén do latín tardío exagium 'acto de pesar'.

Exemplos *

“Vén de publicarse na Editorial Linteo de Ourense Luz Pozo Garza: a ave do norte, un estudo sobre a vida e a obra da escritora ribadense escrito pola profesora e ensaísta Carmen Blanco.” (Olga Novo: A Nosa Terra, 24-10-2002)

“Así mesmo, é exemplar a forma en que Carhallo informa sobre asuntos conflitivos da literatura galega (...) como o Castelao ensaísta, xa que analiza Sempre en Galiza dando no albo de conseguir informar sen alporizar a censura.” (Manuel Rodríguez Alonso: Novas do Eixo Atlántico, 2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.