Comida feita con vexetais cocidos como pataca, cenoria, chícharos etc., á que se lle poden engadir outros ingredientes, e que se serve fría acompañada con salsa maionesa
Etimoloxía
Frase composta da voz “ensalada” que se forma sobre “sal” do latín sal; e o adxectivo “rusa”, relacionado co topónimo Rusia.
Exemplos *
“Os moletes de pan cómpranos noutro lado porque lles gustan máis e se conservan mellor. Completan o menú, embutidos de varias clases e unha ensalada rusa. Para a sobremesa brazos de xitano e tortas de améndoa traídas da vila.” (Xavier Senín: O alfaiate portugués, 2016)
“Abandona logo o cuarto para se dirixir ó comedor onde todos agardan por ela. No centro da mesa hai unha enorme fonte con ensalada rusa. Ó lado hai outras fontes con arroz, polo e leituga.” (Úrsula Heinze: Anaiansi, 1989)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


