Comida feita cun ou varios vexetais, xeralmente crus, cortados en anacos e condimentados xeralmente con sal, aceite e vinagre.
Etimoloxía
Tomouse do castelán, onde se formou a partir de sal, do latín sal, salis 'sal' ou 'substancia salgada'.
Exemplos *
"Fasme unha tortilla francesa e prepárasme unha ensalada _dixo depositando sobre a mesa a folla que facía as funcións de carta, case sen a mirar_ e dásme liña, que vou chamar por teléfono." (Francisco Alonso: Trailer)
"No centro da mesa hai unha enorme fonte con ensalada rusa." (Úrsula Heinze: Anaiansi)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.