ensino

Conxunto de materias que se lles ensinan aos alumnos, así como os medios e métodos usados para ensinalas

Etimoloxía

É un substantivo procedente de “ensinar” que, á súa vez, chega ás linguas románicas grazas ao verbo latino insignare ‘sinalar’.

Exemplos *

“...a física aparece no século XIX no ensino non universitario e aplicado da man da Sociedad de Amigos del País de Santiago” (Alberto Pérez Muñuzuri: Historia da física na Universidade de Santiago de Compostela, 2009)

“...é de desexar que as características das nosas parroquias como institucións sociais sexan dadas a coñecer nos distintos niveis do ensino.” (Xosé Manuel González Reboredo: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.