Que está entumecido polo frío
Etimoloxía
Voz vinculada ao verbo “entalar” que, á súa vez, deriva de “tala” que se relaciona coa palabra latina tabŭla ‘lámina’, ‘peza de madeira’.
Exemplos *
“Saíu a terra entalado coa friaxe, pero decidido e alegre. Botouse a camiñar lixeiro. Antes dunha hora xa estaba na casa .” (Sindo Seixido: A gloria é un afiador, 1992)
“O corpo entalado, conxelado, engruñado, era incapaz de decidir se o que caía cara ós seus ollos viña directamente do ceo ou era o resultado dun desperdiciado talento abarloado a unha brocha.” (Xerardo Méndez: As horas que nos quedan, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.