Todo aquilo que existe ou ten a posibilidade de existir.
Etimoloxía
Vén do latín ens, entis 'que existe', xerado como forma do verbo sum 'ser' ou 'existir'
Exemplos *
"A historia da Filosofía convértese en historia da metafísica no intre en que o ser é pensado como verdadeiramente ente …" (Carlos Fernández: O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega)
"… a cuestión de Deus tratábase en Teoloxía Natural, un apéndice da Ontoloxía ou metafísica do ente, tal e como fora establecida polo Racionalismo serodio do século XVIII." (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.