Cantar segundo o ton debido.
Etimoloxía
Proponse que proceda do verbo latino intonare, que tiña o sentido de 'facer estrondo' ou 'falar alto'.
Exemplos *
"Vimara era algo reservado, pero sabía entoar doces cantigas de amor, facéndose acompañar cunha rebeca de tres cordas." (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)
"Certamente Rose estaba cansa pois non ían alá dous minutos cando xa estaba entoando unha melodía nos arredores do sétimo ceo, estraño lugar onde o sono é máis fondo e reconfortante." (Xavier Queipo: Papaventos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.