Especialista en entomoloxía
Etimoloxía
Vocábulo formado pola voz grega éntomon 'insecto' e a terminación –logo, ‘o que estuda’, ‘especialista en’.
Exemplos *
“Hai anos dediquei todos os meus esforzos a apañar saltóns e escaravellos, pois nunha reencarnación anterior fun entomóloga. Agora, se acaso, apaño palabras descarreiradas que, ás veces, levan unha vida tan furtiva como os besbellos.” (Marilar Aleixandre: Ciencia e humanidades. Dúas culturas en colisión? 50 anos de As dúas culturas de C. P. Snow, 2011)
“Un cartón de tabaco para Andy, (...), unha novela de Paul Auster e unha gorra de viseira para Clodio, que o esperaba en Galicia cos brazos abertos e unha casa enorme (...), uns chocolates para Luísa, que por moi entomóloga que fose, seguro que lle gustaban os bombóns.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


