Intervalo que separa un acto doutro na representación dunha obra teatral
Etimoloxía
Palabra derivada formada pola preposición “entre” procedente da latina inter e o substantivo “acto”, vocábulo latino actus ‘obra’.
Exemplos *
“Sexa respectuoso cos actores e espectadores gardando os comentarios para os entreactos ou a saída. Vanllo agradece-los veciños de localidade, os responsables da sala e, de seguro, que a súa compaña tamén teña un moi grande recoñecemento.” (Luis Prego Carregal: Saber ser, saber estar. Normas-Consellos-Curiosidades, 1994)
“No primeiro entreacto apareceu vostede tomándonos, ós do público, como xente infeliz e apoucada, e ata inferior.” (Antón Cortizas Amado: O coleccionista de sombras (Farsa en tres actos con dous entreactos), 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.