Película delgada da castaña existente entre a casca e o froito
Etimoloxía
Palabra formada polo prefixo “entre” o que indica ‘o está no medio’ e o substantivo “casca” que remite ao verbo “cascar” do latín vulgar *quassicare ‘sacudir’.
Exemplos *
“Peladas as castañas, férvense en auga con sal ata que dean a pel interior, coñecida como entrecasca. Entón escórrense as castañas e, con xeito para non queimarse, quítaselles esa entrecasca, deixándoas limpas de todo.” (Miguel Vila Pernas: A cociña do merlín, 2005)
“No máis espeso había unha cañota de castiñeiro que conservaba só a entrecasca.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


