Persoa que está ligada a outra persoa por un parentesco de consanguinidade.
Etimoloxía
Considérase que procede do latín integer, -gra, -grum ‘enteiro’.
Exemplos *
“Hai fotos náufragas de curmáns e tíos entregues e amigos.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)
“… como a un curmao entregue abraceite no fondo dos froitos máis acedos, que ficaron en min.” (Xavier Rodríguez Baixeiras: Anos de viaxe)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.