entretempo

Tempo comprendido entre o de frío e o de calor, que se corresponde coa primavera e o outono

Etimoloxía

Voz creada coa preposición “entre” precedente da equivalente latina inter-  aplicada ao nome “tempo” que vén do latín tempus.

Exemplos *

“A noite que coñeceu a Groucho Marx fora unha noite de outono, de cando xa refrescan, e Lobo Feroz comezara a usar as carapuchas vermellas que lle chaman de entretempo.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)

“Mamá cosía e bordaba moi ben (...). Levabamos zapatos de charón, vestido de cadros de pata de galo con colo cun festón calado e abrigos violetas con colo bebé, de entretempo e de vestir.” (Carme Blanco: Vermella con lobos, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.