Conversa en que unha persoa, xeralmente un xornalista, lle fai preguntas a outra para que o que esta di ou opina sexa dado a coñecer ao público.
Etimoloxía
Pódese considerar unha forma composta co prefixo entre- e o participio do verbo ver, parece que influído polo francés entrevue.
Exemplos *
"Segundo declarou nunha entrevista concedida a un xornal francés, está a traballar no reloxo biolóxico." (Carlos López: O Correo Galego 1-11-2000)
"Nunha entrevista no xornal mexicano Reforma, o deseñador Roberto Verino anuncia que se pasa á cerámica." (Álvaro Sal: De Luns a Venres 15-5-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


